O Club

O nosa historia

A actual etapa do béisbol no Concello de Teo arranca no ano 2012, cando Max Contreras reúne a un entusiasta grupo de nenos na Urbanización de Os Tilos ensinándolle os fundamentos e permitíndolles disfrutar dun novo deporte e do seu material deportivo, tantas veces visto en películas, que lles fascinou.

Ese mesmo ano déronse unhas demostracións de béisbol nas clases de Educación Física no colexio de Os Tilos, para dalo a conocer.

O noso monitor dirixiu a actividade extraescolar de béisbol no colexio de Os Tilos chegando a reunir a 30 nenos.

Ese mesmo ano presentamos dúas categorías na liga Xogade de béisbol escolar co club de béisbol coruñés Druidas e proclamámonos campións de Galicia na categoría Infantil nunha liga de 11 equipos.

Grazas a estes resultados, algúns integrantes formaron parte da selección galega de béisbol e foron invitados a campionatos de España, competindo en Madrid dúas veces, San Sebastián e Coímbra (Portugal), o que motivou a moitos pais a formar o noso propio club, que naceu o 6 de maio de 2013.

Os nosos obxectivos

Cumprimos tres anos de traxectoria cheos de problemas pero con grandes alegrías. Nacemos da man de Druidas (A Coruña) pero xa camiñamos sós. Medramos, e fixemo-las nosas tarefas, acadando bos resultados deportivos diante de clubes con mais experiencia.

Pero queremos da-lo estirón! Precisamos seguir medrando en número de xogadores, sobre todo da base. Ademais, este ano teremos categoria feminina. Traballamos para aumenta-los socios e colaboradores pero tamén queremos seguir formando deportistas e persoas.

Por iso soñamos e traballamos para obter un campo adecuado á mellor práctica do noso deporte e, quen sabe, un local social onde atender ós nosos socios, colaboradores e xogadores, e almacena-lo material.

Por riba dos trofeos, as xornadas como a organizada coa Asociación Avante de persoas con discapacidade, onde se involucraron técnicos, xogadores, pais e nais, demóstranos que os valores do deporte son universais e xunto coa educación é do mellor que podemos darlle ós nosos fillos. Tamén nos ensinan que o béisbol é un deporte integrador e beneficioso para quen o practica e para quen o vive.

Por eso quero agradecer de corazón o apoio de toda-las familias, colaboradores e patrocinadores que se involucran neste proxecto. E principalmente ós nosos técnicos, Max e Toni, que destacan polo seu bo traballo e pola súa calidade humana.

IMOS ALÁ TILOS!!!!